ConcellosÚltima hora

Convócase o II Concurso Nadal nas rúas no Barco e A Rúa

Entregaranse un primeiro premio de 150 euros e un segundo premio de 100 euros en cada un dos concellos
Rúas barquenses adornadas no pasado Nadal./ Foto: Carlos G. Hervella.
Rúas barquenses adornadas no pasado Nadal./ Foto: Carlos G. Hervella.

Incentivar o embelecemento urbano, estimular a creatividade e o traballo en común e favorecer a participación de comerciantes e veciños. Estes son os obxectivos do II Concurso Nadal nas rúas que vén de convocarse dende os concellos do Barco e A Rúa, a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e O Barco Centro Comercial Aberto (CCA).

A participación está aberta a todos os veciños do Barco e da Rúa e as inscricións poderán realizarse ata o 28 de novembro. A inscrición no certame é gratuita e poderá realizarse presentando o formulario de inscrición dispoñible nas oficinas de AEVA (situadas na praza España do Barco) ou completando os formularios habilitados nas web do Concello (www.concellodobarco.org), do Concello de A Rúa (www.arua.es) e de AEVA (www.empresariosdevaldeorras.com).

Segundo se establece nas bases do concurso “as rúas deberán estar engalanadas, como mínimo, dendeo día 5 de decembre de 2014 e ata o 6 de xaneiro de 2015. 4. A decoración da rúa (adornos en árbores, farolas, maceteiros, fachadas…) gardará relación coas festas navideñas, tendo os participantes total liberdade en canto á técnica e estilo”.

Asemade no caso de que se usasen “materiais decorativos luminosos e fose necesaria a conexión ao alumado público, os Concellos poderán colaborar a instalación, previa solicitude por parte dos participantes, e sempre e cando o solicitante se comprometa a ter os materiais decorativos a disposición dos operarios municipais, para a súa instalación, o día 1 de dicembre de 2014”, citando de novo as bases.

Á hora de valorar as rúas, os xurados terán en conta “deseño, orixinalidade, iluminación, temática, modernidade e innovación”. O seu fallo darase a coñecer o 9 de xaneiro do 2015. As bases tamén establecen un primeiro premio de 150 euros e un segundo premio de 100 euros en cada un dos concellos.

Artigos relacionados

Back to top button