ConcellosÚltima hora

Convócase o VII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil

As bases establecen tres premios: de 1.000 euros o primeiro, de 500 o segundo e de 300 o terceiro. O prazo para presentar os traballos rematará o 3 de marzo
Concello de Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Concello de Parada de Sil vén de convocar unha nova edición do Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil. Os textos poden estar escritos en galego e/ou castelán, pero en ningún caso deberán superar as 200 palabras. As bases establecen tres premios: de 1.000 euros o primeiro, de 500 o segundo e de 300 o terceiro. Esta dotación económica será aportada polo catedrático, natural deste municipio, Eugenio Prieto Pérez, “a quen publicamente se amosa o agradecemento”, dende o Concello

O prazo límite para presentar os traballos será o 3 de marzo, segundo informa a alcaldesa, Yolanda Jácome.  Con esta iniciativa cultural e literaria búscase “a popularización da Ribeira Sacra dentro e fora de España e tamén o Concello de Parada de Sil”. O xurado estará presidido polo hispanista e catedrático Antonio Carreño.

As bases íntegras poden consultarse na páxina web do concello. Trátase dun certame “xa consolidado con preto de 800 participantes anuais de distintas procedencias, podendo afirmar que practicamente de toda España e de moitos países estranxeiros como Arxentina a onde foi xa a parar un segundo premio. No derradeiro concurso o primeiro premio foi para un autor de Santoña, Cantabria e os outros dous para dous autores de Valencia”, destaca o concelleiro de Cultura de Parada de Sil, Francisco Magide.

Nesta edición os premios entregaranse nun acto que se celebrará no salón de plenos para celebrar o Día das Letras Galegas, que este ano en Parada de Sil será o día 11 de maio.

Máis información:
http://www.paradadesil.es/index.php/es/component/k2/item/266-séptimo-concurso-de-microrrelatos-ribeira-sacra-ayuntamiento-de-parada-de-sil

Artigos relacionados

Back to top button