CulturaCulturaÚltima hora

Convócase o VII Concurso Literario do Mercado Medieval de Veigamuíños

A data límite para entregar os traballos deste certame barquense será o 6 de xullo
Detalle do cartaz deste certame barquense.
Detalle do cartaz deste certame barquense.

No marco da celebración do XII Mercado Medieval de Veigamuíños (O Barco), vén de convocarse o VII Concurso Literario en galego, cuxa temática nesta edición é a felicidade. Os relatos, segundo se recolle nas bases, poderán presentarse impresos ou en formato dixital. O enderezo postal para envialos é o da Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños na rúa Xagoaza, 36, de Veigamuíños (O Barco).

No caso de optar polo formato dixital o correo electrónico da entidade organizadora do certame é mulleresrurais@hotmail.com. O concurso conta con tres categorías por idades. Na primeira, de 0 a 11 anos, a extensión máxima dos traballos será de 3 folios. No apartado de 12 a 17 anos o máximo será de 6 folios e na franxa de idade entre 18 e 100 o tope será de 9 folios. A data límite para presentar os escritos será o vindeiro 6 de xullo.

Artigos relacionados

Back to top button