CulturaCulturaÚltima hora

Convócase o VIII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra Parada de Sil

O primeiro premio terá unha dotación económica de 1.000 euros e o segundo de 500 euros

Exterior do Concello de Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Neste luns 3 de febreiro vén de abrirse o prazo para presentar traballos á oitava edición do Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra Parada de Sil, que convoca este concello ourensán. Un prazo que rematará o vindeiro 31 de marzo, estando previsto o fallo do certame para o 30 de abril.

“Coa ilusión que senta a base da construción dun futuro mellor e co ánimo de seguir descubrindo talentos e estimulando a imaxinación de todas as persoas especialmente as coñecedoras da Ribeira Sacra, o Concello de Parada de Sil ven de convocar este concurso”, sinala Paco Magide, concelleiro de Cultura de Parada de Sil.

Os microrrelatos poderanse presentar como en edicións anteriores por correo electrónico ou postal de acordo ás bases que dende hoxe se poden consultar na web do concello. Poden estar escritos en galego e castelán e serán avaliados por un xurado elixido polo concello e presidido polo veciño de Parada de sil e catedrático emérito da Brown University, Antonio Carreño.

A dotación económica é de 1.000 euros para o primeiro premio e de 500 para o segundo e a entrega farase o día 16 de maio no salón de plenos do concello no que se celebra o día das letras galegas.

Este premio dotado polo catedrático e natural deste concello, Eugenio Prieto Pérez “permite dar a coñecer a Parada de Sil e a Ribeira Sacra en moitos lugares, pois a participación que ronda os 800 microrrelatos é de persoas procedentes de todas as comunidades autónomas e de moitos países do estranxeiro incluíndo Sudamérica xa que un ano tivo o segundo premio unha participante arxentina”, resalta Paco Magide.

Artigos relacionados

Back to top button