EconomíaEconomíaÚltima hora

Convócase o V Concurso de Decoración “Nadal nas rúas” no Barco

Unha das rúas barquenses engalanadas durante o Nadal./ Foto: A.R.

Ata o vindeiro 14 de novembro ás 19h. teñen de prazo para anotarse os interesados en participar na quinta edición do Concurso de Decoración Navideña “Nadal nas rúas” no Barco. Este certame está convocado polo Concello do Barco, AEVA e o Centro Comercial Aberto e nel poden participar todos os comercios do Barco.

A inscrición no concurso é gratuita e deberá realizarse por medio do formulario de inscrición habilitado na páxina web do Concello de O Barco www.concellodobarco.org, ou na páxina de AEVA www.empresariosdevaldeorras.com. Unha vez cuberto, deberá presentarse nas oficiñas de AEVA. Os mellores traballos recibirán premios en metálico, segundo a organizacón.

Artigos relacionados

Back to top button