ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A coordinación das emerxencias, analizada nun curso en Manzaneda

Coa asistencia duns 20 participantes desenvolvíase en Manzaneda o “Curso teórico-práctico de dirección, xestión e coordinación operativa en emerxencias” na fin de semana do 19 e 20 de marzo. A el asistían como alumnos persoas de distintos grupos de emerxencias: Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Santiago, Vigo, Carballeda de Avia, Manzaneda, estudiantes de Técnicos de Emergencias de Vigo e Redondela, GES de Castro Caldelas e Maceda, técnicos de Emergencia de DYA (Bilbao), así como voluntarios de Cruz Vermella de Verín e Ourense.

Este curso foi organizado polo Concello de Manzaneda e pola súa agrupación de Protección Civil e impartido por Ulloa Salvamento.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button