En portadaÚltima hora

O coordinador do CT de Galicia de EMCOM España visita a comarca trivesa

Mantiña un encontro con membros das Agrupacións de Radioafeccionados de A Pobra de Trives e de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda
Tomás Manuel Abeigón, Coordinador del CT de Galicia de EMCOM ESPAÑA, con José María Valladares.

Con “gran satisfacción e proveito” recibían as Agrupacións de Radioafeccionados de A Pobra de Trives e de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda a visita do coordinador do CT de Galicia de EMCOM ESPAÑA, Tomás Manuel Abeigón, EA1CIU, que se desprazaba ata a comarca trivesa na mañá do 4 de febreiro.

Aínda que as inclemencias do tempo dificultaban a visita, cumprindo co seu compromiso programado desde había días, EA1CIU desprazouse desde Pontevedra a Trives. Á súa chegada foi recibido por EA1CUE, José María Valladares, e pola esposa Isabel e pouco despois, éste presentoulle aos membros das agrupacións de radioafeccionados de Trives e de Protección Civil de Manzaneda, coordinada por Clemente Pérez Arias.

Despois desprazábanse ata as instalacións do Radioclub local, onde EA1CIU expuxo o tratamento das emerxencias no mundo da radioafección, facendo especial referencia a cales son os seus cometidos nestas situacións e cales non o son. Fixo mención á Lei de 2015 do Sistema Nacional de Protección Civil e dos artigos que regulan a colaboración dos radioafeccionados dentro do devantido sistema.

Outro dos momentos de intercambio de agasallos.

Despois da charla, visitaban as instalacións dos repetidores de DMR e PMR locais da man de José María Valladares, quen lle explicaba o seu funcionamento e utilidade na actividade amateur diaria e no caso de emerxencia. Antes do xantar tamén houbo tempo para gozar da neve coa familia dos que ata alí se desprazaron e, seguidamente, púxose broche de ouro á xornada cun intercambio de obsequios persoais e cun fabuloso cocido.

“O noso coordinador rexional quedou gratamente sorprendido da gran actividade dos radioafeccionados de Trives que efectúan un gran labor de introdución ao mundo radioafeccionado a nenos e mozos da localidade”, explica Valladares.
Entre as peticións que os radioafeccionados triveses e os membros de Protección Civil de Manzaneda lle transmitían a Abeigón estaba a de “efectuar un exercicio no noso ámbito que poña en valor a nosa capacidade de resposta en caso dunha situación de emerxencia na nosa comunidade”.

Tamén se lle solicitaba unha convocatoria a nivel de Galicia para “reunirnos e coñecernos todos. Estes asuntos serán tratados por EA1CIU co coordinador nacional de EMCOM ESPAÑA de cuxo resultado daranos conta próximamente”, engade Valladares.

Pola súa banda, o coordinador rexional pedíalles que elaborasen un inventario de recursos dispoñibles e llo fixesen chegar para que, “sumados aos doutras zonas, permitise organizar os plans de emerxencia no caso de continxencia”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button