DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A Copa de veteranos quédase na Rúa

No triangular da final celebrado no Aguillón, homenaxeoseu a Álvaro Rodríguez “Purrela” ex presidente do C.D. Rúa

A tres bandas. Así se xogaba a final da Copa de veteranos celebrada na mañá do domingo 11 de xuño o campo rues do Aguillón. Os protagonistas: o C.D. Rúa, Celadilla (León), At. Bañezano e Álvaro Rodríguez “Purrela” que foi homenaxeado.

Os tres equipos, participantes na liga de veteranos do Bierzo e Valdeorras, loitaron sobre o céspede rues nunha soleada e calurosa mañá que comezaba e remataba de cara para os locais, que ganaban o torneo e o ansiado torneo.

Pasadas as dez e media da mañá comezaba o primeiro partido entre o C.D. Rúa e Celadilla, inclinándose a balanza cara o marcador local que vencía por 3 goles a 1. Un partido “no que merecimos ganar”, di David Pérez autor de dous goles; o terceiro foi de Adrián. No segundo partido, moi igualado, o Celadilla e Al. Bañezano empataban a ceros, vencendo o primeiro nos penaltis.

E xa na gran final, os veteranos do C.D. Rúa e do Bañezano batíanse nun duelo deportivo do que os rueses saíron vitoriosos. Aos amarelos chegáballe o empate pero finalmente ganaban con autoridade por 3 goles a 0. Adrián marcaba dous na primeira parte e xa na terceira Álvaro marcaba o terceiro adicándollo ao seu pai Álvaro Rodríguez “Purrela” ex presidente do C.D. Rúa, a quen homenaxearon neste triangular, de feito el foi quen fixo o saque de honra.

Ao final o C.D. Rúa proclamouse campión da Copa 2017, Celadilla subcampión e At. Bañezano finalista.

A Copa foi o broche a unha bonita competición da que están especialmente satisfeitos dende os veteranos do Rúa. “Estamos moi contentos de ter feito a homenaxe a “Purre” porque se emocionou, e ata nos trouxo unhas botellas de cava para todos”, di David Pérez, asegurando que “logramos pasalo ben e que fose unha festa. Temos unha piña impresionante”. Unha festa que remataba cunha pinchada para xogadores e afeccionados, coa ollada posta no amigable que disputarán a vindeira fin de semana en Bragança.

Fotos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button