DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A Copa España clásica individual no río Sil, en imaxes

Tras as dúas citas nacionais celebradas na xornada do sábado 21 de maio, O Barco acollía unha nova competición o día 22 de maio. Trátase da Copa España de augas bravas na modalidade clásica individual que era, á vez, campionato galego de descenso de augas bravas. A cita arrancaba ao redor das dez da mañá dende Éntoma e a súa meta estaba situada nas proximidades das piscinas barquenses. Na proba, con presenza de clubs de diferentes puntos de España, participaban varios padexeiros do Fluvial Barco, que era ademais organizador deste evento deportivo.

Fotos: Ángeles Rodríguez/ Carlos G. Hervella.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button