CulturaCulturaÚltima hora

Copérnico, Segundo e Ainé chegaron na súa máquina do tempo a Ourense

A rúa do Paseo foi o lugar onde lles deixou Pushpaka, e con eles trouxeron aos seus dragosaurios

O profesor Copérnico, Segundo e Ainé chegaron a Ourense na súa máquina do tempo Pushpaka para facer as delicias dos viandantes da rúa do Paseo na tarde de hoxe, 6 de outubro. Os fragosaurios asaltaron esta céntrica vía da capital e os máis pequenos gozaron deste teatro de rúa da titulado “Ulterior, el viaje”, da compañía castelá Tiritirantes. Un espectáculo enmarcado dentro do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO).

Este espectáculo dinámico e interactivo conta a historia do profesor Copérnico, un científico tolo que inventou esa máquina do tempo coa que conseguiu viaxar até o futuro. Nas súas aventuras, acompáñao, como non, o Segundo “que semprrrrrre son o primeiro”, dicía, e unha fascinante paxaro, Ainé.

Esta historia comeza cando descobren unha familia dunha estraña especie animal de ata cinco metros de altura “os dragosaurios”, uns animais que se deixaban tocar polos rapaces e rapazas e incluso xogaban con eles. A pesar de todo, eran tres, e cada un tiña o seu carácter e Segundo tivo que actuar máis dunha vez para que non entrasen nas tendas do Paseo.

Con esta familia de estranas criaturas, viaxaron a través do tempo para descubrir as condutas dos seres humanos e loitaron para preservar o planeta Terra.

Artigos relacionados

Back to top button