CulturaMúsicaÚltima hora

Cora Velasco leva a súa música á Praza Andrés de Prada do Barco dentro do ciclo “Terrasón 2020”

Tiña lugar na noite de onte, sábado 8 de agosto, ás 23:00 horas

 

Cora Velasco levaba a súa música onte, sábado 8 de agosto, á Praza Andrés de Praza do Barco, dentro do ciclo musical “Terrasón 2020”. O concerto tiña lugar ás 23:00 horas cun bo ambiente e afluencia na terraza.

A músico pontevedresa agradecía ao Concello e a “Ton y Son” por organizar o ciclo de concertos e por contribuír a que “este verán sexa menos triste”.

Tras varios anos como “Cora Sayers”, decidiu dar un xiro a súa carreira, comezando por adoptar o seu nome propio. Así, na noite do sábado presentaba o seu primeiro disco “Sortilegios”, o cal tivo moi boa acollida entre os veciños barquenses, xa que ocupaban todas as localidades.

Neste domingo, 9 de agosto, o “Terrasón 2020” volverá ás terrazas barquenses coa actuación de “Velma Powel & Bluedays” na Praza do Sagrado, ao lado do Café Teatro Bajo 5 ás 13:00 horas.

Fotos: Alba Prada

Artigos relacionados

Back to top button