CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Coral Candea organiza o seu Festival de Verán para o sábado 12 de agosto en Viana

Ademais do coro actuarán a banda, o grupo folk Tómalle Outra e o grupo de voces graves de Candea
A Coral Candea no festival do ano pasado en Viana. /Foto: Carlos G. Hervella.

Todo está xa preparado para unha nova edición do Festival de Verán que cada ano organiza a Coral Polifónica Candea. Así, o vindeiro sábado 12 de agosto, a Casa da Cultura de Viana do Bolo acollerá un encontro musical a partires das oito da tarde.

Ademais dos organizadores, a Coral Polifónica Candea, polo escenario pasarán as Bandas tanto Infantil como de Adultos e o Grupo de Voces Graves de Candea (formado unicamente por homes), unha das novidades desta edición na que terán como convidado ao grupo folk Tómalle Outra.

Artigos relacionados

Back to top button