OurenseÚltima hora

A Coral de Ruada presenta a onceava edición da súa revista musical

Eladio Quevedo, Manuel Baltar e Samuel Lago.
Eladio Quevedo, Manuel Baltar e Samuel Lago.

A Coral de Ruada presentou onte, 3 de maio, unha nova edición da súa revista, a número 11, na que da conta da actualidade musical e cultural da formación coralista nos últimos tres anos. A publicación conta co apoio da Deputación, un apoio que se viu onte representado coa asistencia do seu presidente, Manuel Baltar. En palabras del, a revista “contribúe a pór en valor o labor que desde hai case cen anos realiza a Coral de Ruada, a gran embaixadora de Ourense”.

Pola outra banda, o presidente da coral, Samuel Lago, agradeceu á Deputación o apoio e explicou que a revista ten unha tirada de 500 exemplares, que serán distribuídos gratuitamente entre bibliotecas, institucións, centros gallegos e coralistas.

O acto tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel e estivo tamén presente o presidente de honra da formación musical, Eladio Quevedo.

Artigos relacionados

Back to top button