CulturaCulturaÚltima hora

A coral ourensá celebra este mes o XI Certame De Ruada

Abertal actuará na praza San Martiño o 25 de xuño xunto á Coral De Ruada e o Real Coro Toxos e Froles
Coral De Ruada./ Foto: Sara Fontenla.

Tres datas e tres enclaves. O XI Certame De Ruada celebrarase os días 18, 23 e 25 de xuño en Oseira, no Teatro Principal e na praza de San Martiño de Ourense.

Como cada ano dende hai máis dunha década, a Coral De Ruada organiza o seu certame co patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense e coa colaboración do teatro Principal, da Consellería de Cultura, Educación e O. U. da Xunta de Galicia e da Comunidade Cisterciense de Oseira.

A primeira cita do certame será a Romaría de Oseira o domingo 18 de xuño, con misa cantada pola Coral De Ruada ás 13h. na igrexa do Mosteiro, seguida do xantar na Carballeira cos Amigos da Coral.

O venres 23 de xuño ás 20:30h. o programa trasládase ata o Teatro Principal de Ourense para acoller o tradicional Concerto dos Amigos que contará coa participación dos coros infantís de tres colexios ourensáns: CEIP Irmáns Villar, CEIP Curros Enríquez e Padre Feijóo – Zorelle.

A última cita será o 25 de xuño a partires das 20h. na praza de San Martiño de Ourense. Ese día actuarán tres agrupacións: Abertal da Rúa, Real Coro Toxos e Froles de Ferrol e a Coral De Ruada.

 

Banda de gaitas de Abertal./ Foto: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button