OurenseÚltima hora

Coren implantará un novo sistema de refrixeración dos produtos cárnicos

A Xunta aplaude a iniciativa da empresa ourensá que promoverá a eficiencia enerxética
Tahoces visitou onte as instalacións de Coren, en Ourense.
Tahoces visitou onte as instalacións de Coren, en Ourense.

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou onte a fábrica de Coren, en Ourense, onde aplaudeu a iniciativa da empresa ourensá de instalar un novo sistema de refrixeración dos produtos cárnicos. As obras permitirán ademais a modernización e renovación das instalacións da compañía, ao tempo que mellora o proceso de produción e permitirá ofrecer ao consumidor un produto de máis calidade.

Coren porá en marcha o proxecto que se centrará nun novo sistema para refrixerar os pavos a través da inmersión en auga fría. Neste senso, Tahoces asegurou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria colabora coa empresa na iniciativa, que entende que contribúe a impulsar a súa competitividade ao tempo que supón unha mellora ambiental.

Artigos relacionados

Back to top button