DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Corenta cativos participan no I campus deportivo Vila de Viana

Ademais de fútbol e baloncesto o campamento incluía un completo programa con actividades como pádel ou rugby

Fútbol e baloncesto, pero tamén pádel, hóckey ou rugby. Moi completa en canto a actividades deportivas foi a I edición do campus deportivo Vila de Viana que se desenvolveu entre o 26 e o 30 de agosto de 10 a 14h. no pavillón e no campo de fútbol 5 de Viana do bolo.

Dirixido e organizado por Alberto Fernández, director de actividades de tempo libre, adestrador de baloncesto e fútbol e técnico en animación deportiva, o evento contou coa colaboración do C.D. Viana, do Concello de Viana do Bolo e Pinchacarneira Ocio e Animación, contando cun total de 40 cativos.

 

André tirando a canasta.

 

Organizados en grupos de idades (de 3 a 14 anos) os asistenes tiveron todos os días sesión de fútbol, sesión de baloncesto e unha sesión de deportes alternativos (hockei, rugby, pádel e lacross), para as que contaron cun staff técnico diario de moito nivel. En fútbol estiveron Juan Recondo, adestrador de fútbol dos campus do R.C Celta de Vigo; Sergio Maurente, do Real Club Deportivo da Coruña; Gunty e Ricardo, adestradores do C.D Barco. En baloncesto contaron con  Diego Seara, técnico do Club Ourense Baloncesto; Vicente Rodríguez “Chencho” do Pabellón Ourense; e Patricia Gómez do CB O Barco. Ademais contaron con adestradores específicos dos diferentes deportes alternativos: a ruesa Elsa Porto de rugby, Pablo Suárez de hóckey e o vianés Bruno López de pádel.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button