OurenseÚltima hora

Corenta e seis establecementos participan nas xornadas gastronómicas da Festa do Pulpo do Carballiño

Esta edición cambou a celebración tradicional no parque municipal por mor da situación actual

 

Esta edición da Festa do Pulpo do Carballiño mudou a celebración tradicional da Festa do Pulpo no parque municipal, por unha semana gastronómica. Está a ter lugar entre os días 3 e 9 de agosto nas rúas e establecementos da vila. Así, nesta actividade participan un total de corenta e seis establecementos.

 

 

O pulpo pódese degustar nos bares, mesóns e restaurantes do casco urbano, que ofrecen un menú típico da Festa do Pulpo, como é a carne ao caldeiro e empanada, ademais doutras posibles ofertas culinarias da hostalaría local.

 

 

Así, o Concello do Carballiño “autoriza a instalación de postos de pulpo nas rúas e prazas da vila, dun modo semellante a como se fai os días de feira, e incluso se permitirá algún emprazamento máis, co obxectivo de facilitar que as persoas que desexen degustar o pulpo no Carballiño o poidan facer calquera día desa semana, evitando posibles aglomeracións”.

Artigos relacionados

Back to top button