OurenseÚltima hora

Corenta nenos de Ourense participan no Campamento de Verán que organiza o Concello en Porto do Son

A actividade comezou hoxe, día 13 de agosto, cunha despedida do alcalde en funcións

 

Despedida dos cativos.

 

Corenta nenos e nenas da cidade de Ourense comezaron no día de hoxe, 13 de agosto, o Campamento de verán que organiza o Concello en Porto do Son. Así, o alcalde en funcións despediunos e animounos a “desfrutar as vacacións e sumar valores, que é o máis importante”.

Por outra banda, o alcalde en funcións, Jorge Pumar, a concelleira de Xuventude, Flora Moure, o concelleiro de Recursos Humanos, Armando Ojea, e o concelleiro de Servizos Xerais, Manuel Álvarez, saudaron a rapazada que participa no Campamento Urbano que organiza a asociación Amencer coa colaboración do Concello.

Nenos e nenas congregáronse nas escalinatas da igrexa de Santa María Nai nesta xornada coa que remata a edición desta tradicional actividade, que cada ano se pon á disposición da mocidade ourensá.

 

Participantes do Campamento Urbano.

Artigos relacionados

Back to top button