CulturaCulturaÚltima hora

“Corgi: as mascotas da raíña” proxectarase este venres en Portela (Vilamartín)

A sesión será ás 22:30h, na Casa do Pobo

O Concello de Vilamartín de Valdeorras continúa coa súa programación de cine ao aire libre. Este venres, 14 de agosto, será a quenda de “Corgi: as mascotas da raíña” que proxectarase na localidade de Portela, ás 22:30h, na zona da Casa do Pobo. O filme, de debuxos animados, narra a amizade da raíña de Inglaterra, Isabel II, cos seus cans de raza corgi. Un deles, de nome Rex, pérdese e trata de atopar o camiño de volta.

 

Cartel da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button
Close