ConcellosÚltima horaVilamartín

Córgomo abre ‘As Noites de Florencio’ cos contos, comedias e outras lerias de Cándido Pazó

Publicidade

 

Co dramaturgo galego Cándido Pazó sentado nunha escaleira, diante dun nutrido número de asistentes na Aira dos Bolos de Córgomo, arrancaban na tarde deste domingo 3 de xullo ‘As Noites de Florencio’, o programa co que o proxecto das Letras de Florencio e máis o Concello de Vilamartín, seguen a homeaxear ao poeta valdeorrés.

A programación que arrancaba hoxe co espectáculo ‘Eu non digo nada’ contos, comedias e outras lerias de Cándido Pazó, percorrerá durante os meses de xullo e agosto as aldeas de Vilamartín de Valdeorras.

A seguinte cita será o vindeiro sábado 9 de xullo no mesmo lugar e ás 23 horas, co espectáculo Florencio sen fronteiras da compañía Arraianos.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button