CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Córgomo Arte, un espazo de encontro no rural para a creación actual

Ata o vindeiro 6 de xaneiro poderá visitarse a mostra "Sinapses" na Sala Conde e Torino de Córgomo (Vilamartín)

 

A arte dende a súa utilidade social. Arredor desta temática xira a oitava edición de “Córgomo Arte”, unha mostra que aposta por convertir o rural nun punto de encontro da arte actual tanto valdeorresa como de fóra da comarca.

O título desta nova exposición, que abría as súas portas nesta tarde de 7 de decembro na Sala Conde Torino de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), é “Sinapses”. Con esta palabra define “a conexión entre neuronas e o fallo dese proceso está relacionado coa perda de memoria ou, como comunmente o coñecemos, co Alzheimer”, tal e como explica o artista plástico Martín Lestao.

Reúne pezas en moi diversas técnicas en materiais (dende pintura, fotografía ata escultura en madeira e ferro) de dez creadores diferentes, tres deles valdeorreses e ademais escultores: Manuel Conde (Córgomo), Victorino Núñez “Torino” (Petín) e Brais Fernández Vizcaya (O Bolo). Os dous primeiros son ademais os promotores deste singular proxecto expositivo.

 

Foto: A.R.

 

Ademais poden verse obras dos artistas lucenses Martín Lestao e Ignacio Castro “Nachok”; Violeta Bernardo; Arturo Ceide e Crystilandia; Patricia Fernández Paz. O décimo participante é un colectivo. Trátase de dez usuarios e usuarias de AFAN Burela (Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias), “que cos seus terapeutas e a colaboración do artista plástico Martín Lestao, quixeron regalarnos un pedaciño da súa memoria en forma de obra de arte, un libro formado por páxinas que cada un deles foi enchendo de vida e de cariño”, en palabras de Silvia Fiallega, comisaria de Córgomo Arte.

 

 

Foto: A.R.

 

Cada unha destas pezas conviven en diversos espazos dunha sala que xa é creación en si mesma e na que poden verse ademais obras que forman parte dunha exposición permanente. Este oitavo Córgomo Arte poderá visitarse ata o 6 de xaneiro de 2020, nas fins de semana e festivos de 10 a 22 h.

Numerosas persoas percorrían xa esta exposición na tarde da súa inauguración na que ademais se ofrecían pestiscos e viño aos visitantes.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Foto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button