ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Córgomo celebra as festas de Santa Marta

A procesión coa imaxe da santa tiña lugar no mediodía do 29 de xullo

No mediodía do venres 29 de xullo, os veciños de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) rendíanlle culto á patroa, Santa Marta, coa procesión ao redor da igrexa e a eucaristía cantada polo coro. Pola tarde a orquestra Os Satélites amenizaban o baile e sesión de tarde e verbena.

As festas continúan hoxe, sábado 30 de xullo, cos concertos de Los Íñigos en torno ás 21 horas e de Placeres Solitarios a partires da media noite.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button