ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Córgomo vibrou ao ritmo de La Fórmula e Pikante

A 4ª Festa da Xuventude reuníu a centos de persoas na noite do sábado 16 de abril

A constante chuvia caída ao longo de toda a semana, obrigaba aos mozos da Asociación Balcón de Ouro de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), a botar man de amigos, veciños e todo aquel que quixo axudar, para recher de grava o inundado campo de fútbol onde se ía desenvolver a 4ª edición da Festa da Xuventude. Custou e foron moitos os que traballaron arreo pero, finalmente, a tan esperada celebración desenvolvíase sen incidentes acollendo a centos de persoas que bailaron, cantaron e disfrutaron ao ritmo das orquestras.

Pasadas as once e media da noite do sábado 16 de abril, o grupo Pikante, banda oficial da Selección Española de Fútbol arrancaba a primeira parte do festival. Despois tocaríalle o turno aos convidados de honra, a orquestra La Fórmula que comezaban en terras valdeorresas a súa xira 2016. No descanso tiña lugar o sorteo de 500 euros e de seguido arrancaba o segundo pase das actuacións.

Finalmente a festa extendíase ata as cinco e media da madrugada e, malia o traballo que levaron (das nove da mañá do sábado ás dez e media da mañá do domingo) o balance que fan dende a organización é positivo, “a xente pasouno ben e iso é o importante. Agora, a ver se logramos organizar a quinta edición”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button