En portadaÚltima hora

Córgomo (Vilamartín) abre o programa da Santa Marta coa V Festa da cervexa e con concertos

A partires das 20h. deste sábado a praza da localidade acollerá esta celebración, na que non faltará a música con Navegando a Barlovento, Farrapos de Ghaita (Fene, A Coruña) e Tesitura (Vigo)
Imaxe da pasada edición da Festa da Cervexa en Córgomo./ Foto: Carlos G. Hervella.

Dende este sábado 27 ata o 29 de xullo Córgomo estará de festa. Esta localidade vilamartinesa celebrará a Santa Marta con diferentes propostas. Unha delas será a V Festa da Cervexa, prevista para o sábado 27 de xullo a partires das 20h. na praza. A entrada será de balde e, ademais de poder tomar cañas (1 euros), copas (4 euro) e Licores Barbudos, tamén haberá petiscos variados e un diverso acompañamento musical. Así a partires das 23h. actuarán os grupos Navegando a Barlovento, Farrapos de Ghaita (Fene, A Coruña) e Tesitura (Vigo).

Na xornada do 28 de xullo, ás 10:30h. haberá unha alborada a cargo dun grupo de gaitas. Despois virá unha sesión vermú ás 13:30h. A música voltará soar pola tarde en Córgomo, pero desta vez da man da Orquestra Costa Dorada ás 21:30h. e xa na verbena á 1:00h.

O día grande da festa será o 29 de xullo con misa solemne e procesión coa imaxe de Santa Marta ás 13h. Logo virá a sesión vermú. Haberá ademais sesión de tarde do grupo Assia ás 21:30h., que tamén animará a verbena dende a unha da madrugrada, tal e como informa a comisión de festas, formada por un grupo de mozos de Córgomo.

Artigos relacionados

Back to top button