ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) celebra a súa I Cea Popular

Unhas 140 persoas asistían á xuntanza organizada pola comisión de festas

Na última fin de semana de xullo (do 28 ao 30) Córgomo celebrará por todo o alto as festas patronais na honra a  Santa Marta. E para ir abrindo boca e animando á xente, a comisión de festas decidía organizar unha xuntanza popular previa cuxa recadación irá destinada ás festas e actividades que se organicen proximamente na localidade.

Así, na noite do sábado 7 de xullo, a praza de Córgomo acollía baixo unha carpa a I Cea Popular que reunía a unhas 140 persoas (uns 123 adultos e entre 13 e 15 nenos) que degustaban un exquisito menú elaborado e servido por Mantesil a base de empanada e costela asada con ensalada, ademais de postre, café e chupitos (16 euros).

Tal como explican dende a comisión de festas formada por un grupo de mozos do pobo, a cea foi todo un éxito e estivo moi animada, estendéndose ata altas horas da madrugada. Entre os asistentes estaba Rosalía, unha veciña de aniversario á que felicitaron con tarta incluída.

A seguinte cita festiva en Córgomo será xa o venres día 28 de xullo coa IV Festa da Cervexa. Haberá comida, bebida e a actuación de catro grupos: Xenderal, Calle del Ruído, Voladura e The Black Wings. O domingo 29 será o día principal das Festas de Santa Marta coa tradicional procesión ao redor da igrexa coa imaxe da santa, a eucaristía e a sesión vermú a cargo da Banda de Gaitas Abertal. Ese día a o baile correrá por conta da orquestra Gran Parada en sesión de tarde e verbena. O programa pecharase o luns 30 de xullo ao ritmo da orquestra New York.

Fotos: Lolo López Vila (Torfy)/ Crsitina Fernández Barrio.

Artigos relacionados

Back to top button