ConcellosÚltima horaVerín

Cortada a A-52 á altura do km 157 polo incendio de Verín, que chega ás 260 has queimadas

Ademais están cortadas por este lume a N-525 e a OU-140, segundo a Dirección Xeral de Tráfico

Foto: DXT.

 

O incencio forestal iniciado esta tarde en Verín está a causar cortes en dous na Autovía das Rías Baixas, A-52, á altura do km 157, na Vilavella (dirección Verín), segundo informan a Dirección Xeral de Tráfico e a Consellería do Medio Rural.

Ademais, a DXT vén de comunicar que tamén están cortadas por mor deste lume outras dúas estradas: a N-525, á altura do km 165, en Verín e a OU-104 en Verín.

Segundo a última actualización de datos da Consellería do Medio Rural, este incendio leva queimadas xa unhas 260 hectáreas.

Este incendio iniciouse “en máis dunha decena de focos diferentes, polo que todo apunta á súa intencionalidade”, segundo a consellería.

Artigos relacionados

Back to top button