ConcellosEn portadaÚltima horaVilamartín

Cortada a estrada de San Vicente (Vilamartín de Valdeorras) por un novo desprendemento

 

Hai xa preto de trinta anos que comezaba o deterioro constante da OU-0807, estrada propiedade da Deputación de Ourense e acceso principal á localidade de San Vicente, no concello de Vilamartín de Valdeorras. E neste mércores 13 de abril de 2022, en plena Semana Santa, a ladeira totalmente desgastada sufría un novo desprendemento co conseguinte arrastre da calzada que, tal como pode verse nestas imaxes permanece cortada.

Ante o perigo que amosaba xa na pasada semana, eran os propios veciños de San Vicente (que continúan á espera dunha solución para este grave problema de accesibilidade) os que colocaban unha cinta para evitar o paso e na tarde de onte eran os técnicos da Diputación quenes reforzaban o peche.

 

 

Dende o propio Concello, a través do Facebook alertaban esta mañá da situación, pedindo precaución ante o “derrube que se está a producir nestes momentos”.

Fotos cedidas por Rosana, veciña de San Vicente.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button