ConcellosÚltima hora

Cortada a estrada que dá acceso a Vales (O Barco)

As chuvias das últimas horas provocaban un desprendemento de terra

 

Debido ás intensas precipitacións caídas nas últimas horas, producíase un desprendemento de terra na estrada que dá acceso a Vales dende O Barco. Esta estrada está cortada arestora ao tráfico de vehículos. Ata o lugar desprazouse xa o GES Valdeorras e a Garda Civil, que estiveron paleando para poder facilitar o paso dun vehículo. O tramo cortado vai de Vales ata o cruce que sube a Santigoso.

A chuvia tamén provocaba outra incidencia no municipio do Barco. O GES Valdeorras interviña tamén para desatascar a cuneta do vial que sube a Vilanova dende a urbanización da Cerámica.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button