ConcellosO BarcoÚltima hora

Cortada a rúa Academia Dequidt do Barco pola instalación dunha carpa para os concertos do San Martiño

 

Dende está mañá está cortada ao tráfico de vehículos a rúa Academia Dequidt, no centro do Barco. O motivo é a instalación dunha carpa para acoller os concertos incluídos na celebración do San Martiño, que terán lugar o vindeiros venres e sábado.

Este corte afecta tamén aos garaxes da zona, que terán acceso polo Paseo do Malecón.

Fotos: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button