Parte da árbore está apoiada sobre o tendido eléctrico e telefónico, polo que se precisa unha grúa para a proceder á súa retirada
Dende esta tarde permanece cortada a estrada OU-121 á altura da localidade de Santigoso (O Barco) debido á caída dunha árbore sobre a calzada. Parte da árbore quedou ademais suspendida sobre o tendido da luz e telefónico. Ata o lugar desprazábanse efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, a Garda Civil, Tráfico e os bombeiros do parque de Valdeorras.
No momento de escribir esta información a estrada continúa cortada ao tránsito de vehículos xa que necesítase unha grúa para poder levantar á árbore, que segue apoiada sobre o cableado.