ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Cortado o acceso ao Barco dende Veigamuíños

 

Como consecuencia da intensa chuvia rexistrada nesta tarde, vén de formarse un gran charco de auga no acceso á vila do Barco dende Veigamuíños, no paso situado baixo a vía do ferrocarril. Ata o lugar desprazábase a Policía Local con dous vehículos, situados en cada un dos accesos ao paso soterrado. O tráfico está cortado en ambas direccións.

 

 

Nesta zona acostuma concentrarse unha gran cantidade de auga provocando cortes na estrada.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button