ConcellosO BarcoÚltima hora

Córtase á circulación o camiño a Viloval (O Barco) polas obras do novo acceso á N-120

 

Dende esta mañá está cortada á circulación o camiño a Viloval (O Barco), paralelo á avenida do Bierzo, tal e como indica a sinalización instalada na zona.

O motivo do pecha ao tráfico desta pista débese ás obras para construír o novo acceso á estrada N-120, que implicarán a presenza de maquinaria pesada. Esta acostuma ser unha zona de paseo para moitas persoas, polo que se recomenda buscar outros lugares para camiñar durante o tempo que dure a intervención.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button