ConcellosO BarcoÚltima hora

Corte de auga en 15 rúas do Barco mañá pola noite para arranxar unha avaría

Realizarase ás 10 da noite, polo que os veciños das zonas afectadas quedarán sen auga sobre as 11 de la noche, e prolongaráse ata as 2 da madrugada

 

O Concello do Barco vén de comunicar que o Consorcio de Augas de Valdeorras procederá, mañá pola noite, á realización de obras de reparación dunha avaría existente no abastecemento de augas, na zona de Veigadecabo. “Por este motivo, será preciso cortar o subministro durante aproximadamente tres ou catro horas na noite do mércores e a madrugada do xoves día 10. As obras realizánse pola noite para causar as menores molestias posibles aos veciños residentes na zona que quedará sen auga”, indica ao Concello.

O corte no subministro realizarase ás 10 da noite, polo que os veciños das rúas afectadas quedarán sen auga sobre as 11 de la noche, e prolongaráse ata as 2 da madrugada.

As rúas que se verán afectadas polo corte no subministro son as seguintes, nas zonas entre a Avenida do Bierzo, Avenida de Portugal, e vía do tren:

Avenida de Portugal
R/ da Rampa
R/ das Regas
R/ de Caleras
Camiño de Veigadecabo
R/ das Tres Marías
R/ de Santiago Melo Pisón
Avenida da Diputación
R/ do Chao
Avenida del Bierzo (desde el Parking hasta el final de la zona de obras, que sería el cruce con Gulpilleiras).
R/ da Constitución
R/ de Vicente Risco
R/ de Portocarballo
R/ de Ramón Valle Inclán
R/ de Curros Enríquez

Nesta zona atópanse o Colexio Divina Pastora, unha estación de servizo, o Tanatorio Santa Rita, a Escola Infantil “Los juglares”, o Cuartel da Garda Civil, e un supermercado, entre outros establecementos.

 

Artigos relacionados

Back to top button