OurenseÚltima hora

Corte de auga na noite do 13 ao 14 de agosto en Cabeanca (Ourense)

O corte durará aproximadamente dende ás 00:00h ata ás 04:00h

 

O suministro de auga na zona de Cabeanca permanecerá interrompido na noite deste xoves, 13 de agosto, ao venres 14, de 00:00h a 04:00h aproximadamente. O motivo do corte son unha serie de traballos realizados pola concesionaria municipal para facer unhas obras de variación da tubaxe de abastecemento xeral na zona de Turei, debido á mellora da rede viaria da Deputación.

Estarán afectados os núcleos poboacionais dende Madrosende ata o límite con Amoeiro pola estrada que pasa por Cabeanca cara Castro Beiro e Palmés: Castro de Beiro, Cabeanca, Abeleda, Burgo- Palmés, Lagar, Turei- Madrosende, Abelaira, Pazos, Palmés- Conchada, Naves, Abelaira, Palmés- Burata, Anaigo, Lama e Outeiro, Regoalde, Vilar- Cabeanca, Sta. Eulalia de Beiro, Cardenao, Palmés-Burgo, Sas-Beiro, Campamento, A Cruz, Saceda, Freixedo, Burata, Vilariño, Pazos, Cima dá Costa, Conchada, Nogueira, Palmés-Pereiro, Tras dá Aira, Beiro de Abaixo, Palmés- Pradobó, Palmés-Outeiro, Crtra Ourense – Amoeiro, Beiro Iglesia.

Artigos relacionados

Back to top button
Close