As obras que se están a realizar na rúa Marcelo Macías de Ourense provocarán un corte de auga en varios inmobles da contorna á mañá do vindeiro luns, 24 de agosto. Será de 7:30h a 11:30 nos edificios 11 e 13 da rúa Progreso e nos números pares do 12 ao 26 na rúa Marcelo Macías.
Dende o Concello de Ourense queren pedir disculpas de antemán ás persoas afectadas e afirman que o corte é necesario para as obras de mellora que executa actualmente a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade en colaboración co goberno municipal. A intervención en Marcelo Macías consiste na renovación do firme e dos servizos, a mellora das beirarrúas, a iluminación, a accesibilidade peonil e a renovación das redes de abastecemento, saneamento e alumeado ademais de reforzo na seguridade viaria.