ConcellosÚltima hora

Corte de luz en Valdeorras

Arredor das oito menos cuarto desta tarde de 17 de setembro producíase un corte de luz xeral en varios concellos de Valdeorras como son O Barco, A Rúa, Rubiá, O Bolo e Vilamartín.

A luz volvía ás oito, pero segundos despois, cortábase novamente. A electricidade volvía cinco minutos despois, pero deixaba, entre outras, imaxes de establecementos a escuras no centro da vila do Barco, así como diversos transtornos entre a poboación.

Segundo as primeiras informacións, crese que a causa deste corte podería ser o cambio dun dos transformadores da subestación situada xunto á Cedie, no Barco, tal e como indicaba Aurentino Alonso, tenente de alcalde do Barco, quen tamén matizaba que dende o Concello non tiñan coñecemento deste tipo de intervención.

 

Artigos relacionados

Back to top button