ConcellosManzanedaÚltima hora

Corte na OU 44003 Manzaneda-Ponte Bibei ata o 11 de setembro por obras

As datas e horas de corte irán deste este martes ata o venres en horario de 8h. a 19h., segundo o Concello

 

Dende este martes día 8 e ata o 11 de setembro a estrada municipal OU 44003 Manzaneda-Ponte Bibei permanecerá cortada ao tráfico por obras dende a curva da Galga ata o fin do termo municipal de Manzaneda, no entronque coa OU-636. Así o anunciaba a través dun comunicado o Concello de Manzaneda, quen precisa que as horas de corte serán en horario de 8h. ata 19h.

En concreto estanse a realizar obras de mellora e mantemento neste vial dende o 7 de setembro dende o punto quilométrico 0+370 ao 2+300, a través do Plan provincial de Cooperación.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button