ConcellosO BarcoÚltima hora

Cortes de auga en varios puntos do Barco mañá de 9h. a 17h.

Publicidade

 

O Concello do Barco vén de informar de que debido ás obras que se están facendo no entorno da N-120 (do proxecto do enlace entre este vial e a N536), a empresa que está a facer os traballos comunicou ao Concello que o martes, 26, será preciso proceder ao corte do subministro de auga, entre 9 da mañá e 5 da tarde, en varias zonas do municipio: as vivendas do camiño de Gulpilleiras situadas entre o cruce da N-120 e Vilanova, aos veciños do Castro con subministro da rede do Barco (a meirande parte reciben a auga da traída do pobo), Talleres Nino e Hotel O Camiño.

Artigos relacionados

Back to top button