OurenseÚltima hora

Cortes de rúa esta fin de semana polas Festas de Ourense

A rúa do Progreso será unha das máis afectadas e o Concello agradece a comprensión dos veciños
A céntrica rúa do Progreso sufrirá alteracións de tráfico esta fin de semana debido ás Festas de Ourense.
A céntrica rúa do Progreso sufrirá alteracións de tráfico esta fin de semana debido ás Festas de Ourense.

A Policía Local de Ourense programa para esta fin de semana unha serie de cortes de rúa para adaptar os espazos ás actividades das festas patronais, que comezan mañá, día 25. A rúa Progreso será unha das máis afectadas, xa que sufrirá cortes a diferentes alturas, co cal o tráfico cara o centro será desviado por outros viais alternativos. Un espectáculo piromusical, as orquestras da verbena e a carreira popular do domingo serán os principais motivos.

Deste xeito, na xornada de mañá sábado, a Policía Local cortará Progreso e os seus accesos á altura da Alameda polo espectáculo piromusical previso. Dende as 23 horas estará pechada esta vía na rúa do Posío e o tráfico será desviado polas rúas Coruña e Pena Trevinca. No outro sentido, o peche será en Alférez, e as alternativas serán a rúa Concordia ou Ervedelo. Tamén se pechará a rúa Villa Valencia á altura da Ponte da Burga en dirección Alameda. O peche estenderase até as 3 da madrugada do domingo.

Na xornada do domingo 26, a celebración da carreira popular Correndo X Ourense fará que a Policía Local proceda a pechar de 11 a 14 horas as seguintes rúas: Progreso até Cruz Vermella, os accesos a Bedoya e Concordia e a metade do carril (en sentido ao parque de San Lázaro). Os viais alternativos: desviarse pola Praza de Abastos e Doutor Flemming, ou Ervedelo no outro sentido.

Coa actuación da orquestra na Alameda, os cortes volverán á rúa Progreso en horario de 18 a 2:30 horas. As alternativas para este tramo será desviarse pola Praza de Abastos e, en sentido contrario, pola rúa Ervedelo cara a avenida de Portugal.

Segundo indican dende o Concello, haberá máis cortes durante as festas, pero iranse desvelando ao longo da semana. Piden ademais que os veciños prevean os desprazamentos en coche pola cidade e agradecen a comprensión aos conductores.

Artigos relacionados

Back to top button