ConcellosÚltima hora

Cortes na estrada N-536, que une Valdeorras co Bierzo, no túnel de Penarrubia por obras

Entre as 8:30h. do luns 28 de maio e as 21h. do domingo 3 de xuño este vial permanecerá cortado pola reparación e sostemento de taludes
Túnel de Penarrubia (León).

Entre os quilómetros 24,5 e 25,1 da estrada N-536 (vial que conecta a Valdeorras coa zona do Bierzo), o Ministerio de Fomento vai a acometer traballos de reparación e sostemento de taludes que implicarán o corte total do tráfico nesta zona, á altura do túnel de Penarrubia. Este corte producirase entre as 8:30h. do luns 28 de maio e as 21h. do domingo 3 de xuño, segundo informa Fomento.

Os traballos de reparación consistirán na colocación de redes de cables e pantallas dinámicas para evitar a caída de pedras na estrada. “Para deixar paso aos transportes escolares de colexios e institutos, así como o resto de usuarios da vía, permitirase a circulación en dúas franxas horarias: dende as 14h. ata as 14:30h. e desde as 17:30h. ata as 18h. Durante a noita a estrada permanecerá aberta, con tráfico alternativo por sentido regtulado con semáforos. Os servizos de emerxencia están coordinados, e permitirase a súa circulación pola estrada”, indican dende o Ministerio de Fomento.

Artigos relacionados

Back to top button