ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Cortes nalgúns puntos da vila ruesa polas obras de reforzo de firme na estrada OU-602

Tal e como estaba previsto, nesta mañá de 9 de xullo comezaban os traballos de reforzo de firme na estrada autonómica OU-602, na Rúa. Estas obras están supoñendo cortes na rúa Progreso á altura do cruce da avenida de Almendralejo e tamén ao final da rúa Circunvalación no cruce coa rúa Noria. Ademais o tráfico está regulado por semáforos nas proximidades da rotonda cercana á gasolineira.

“En concreto a intervención permitirá arranxar a capa de rodadura na estrada OU-602, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0+040 e 0+505 e 0+650 e 1+870. E tamén se actuará na estrada OU-603, entre o punto quilométrico 0 e 3+630”, segundo a Consellería de Infraestruturas.

Tamén se mellorará o firme doutras catro estradas autonómicas na comarca. Así actuarase na OU-622 para a mellora da pavimentación, entre os puntos quilométricos 0 e o 21+940, nos concellos de Rubiá e O Barco de Valdeorras. Outra vía obxecto deste contrato é a OU-636, ao seu paso polos municipios de Petín e Larouco, no tramo entre os puntos quilométricos 19+800 e 21+140. As obras proxectadas tamén se centrarán no arranxo do firme que presente carencias. Nos mesmos concellos, tamén se rehabilitará a capa de rodadura da estrada OU-637, entre o punto quilométrico 0+035 e 1+120.

O investimento da consellería para acometer as distintas actuacións programadas nestas estradas autonómicas é de preto de 583.000 euros, sendo adxudicadas á empresa Aglomerados y Construcciones Valdeorras S.A., que dispón dun prazo de execución de 4 meses.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button