En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Coruña sucumbe ao sabor do botelo barquense

Máis de 250 participaban na Festa da Botelo celebrada no restaurante o Mirador de San Pedro

Cunha numerosa asistencia se desenvolvía a III Festa do Botelo na Coruña. Celebrábase cun xantar o 20 de febreiro no restaurante Mirador de San Pedro. Máis de 250 persoas respondían á convocatoria. O acto comezaba cunha recepción na que os asistentes degustaban viños valdeorreses (os godellos de Godeval e D’Berna e o tinto da Cooperativa Xesús Nazareno) xunto con empanada de maravallas.

De seguido, xa sentados, servíase sopa de cocido, seguida do prato principal: o botelo, acompañado de chourizos, patacas e verdura cocida. O xantar completábase cunha sobremesa de torta de roxois e bica. A celebración continuaba despois con música da man do grupo Os Peteras.

O acto contaba coa presenza do alcalde do Barco, Alfredo García, e da concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta. O rexedor barquense valoraba moi positivamente o resultado desta terceira edición na Coruña e agradecía o labor e esforzo desinteresado deJosé Ángel Rodríguez Delgado, pregoeiro da XV festa gastronónica no Barco, ao que calificou como “alma máter desta comida, se non hai un entusiasta que faga este traballo as cousas no funcionan”.

Mantendo ademais a liña do pasado ano, haberá asemade unha nova edición da Festa do Botelo en Vigo, que está prevista para o 5 de marzo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button