ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Cotillón infantil en Verín

Os nenos deste municipio despedían o ano na mañá do 31 de decembro con música, animación e badaladas

Disco móbil con música de Nadal, animación, baile, photocall, e ás 12:00 horas do mediodía, badaladas para despedir o ano 2016. Cun cotillón infantil festexaban o derradeiro día do 2016 os nenos de Verín no pavillón municipal de deportes.

Esta iniciativa enmárcase dentro das actividades do Ludonadal, organizadas polo Concello de Verín e a Asociación de Empresarios de Verín (AEVER-CCU Verín) dende o luns 21 de decembro e ata o 5 de xaneiro. Estan destinadas a nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, co obxecto de “promocionar economicamente o comercio tradicional na localidade, facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos/ás nenos/as un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal”, explican dende a organización.

Fotos: Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button