EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

As Covas de Seadur abriranse ao público na tarde do 15 de abril

Poderán degustarse viños e pinchos a partires das 18:30h. nunha vintena de adegas deste pobo do concello de Larouco

 

Imaxe da pasada edición das Covas de Seadur (Larouco)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende hai xa quince anos Seadur (Larouco) vén organizando un exitoso percorrido no que se adereza a tradición vitivinícola deste pobo coa gastronomía, a música e a festa: “As Covas de Seadur”. Desta volta a cita será o 15 de abril, Sábado Santo e ten como lema “Os mellores brancos e tintos, mencías e godellos, para novos e vellos”.

Preto de vinte adegas abrirán as súas portas ao público entre as 18:30h. e as 22:30h. Ao inicio do traxecto instalarase un posto no que os visitantes poderán mercar a súa entrada a un prezo de 12 euros para os adultos e de 6 euros para nenos (7-12 anos). A partir de aí, cunca en man, iniciarán un circuíto de visitas a cada unha das covas, onde poderán degustar viño (branco e tinto), refrescos, multitude de deliciosos pinchos quentes  ou fríos (embutidos, queixo, empanada…).

Tampouco faltará a música, coas actuacións da charanga Nova Terras de Trives e do grupo de cantos de taberna valdeorrés “Ouruxobruxo”, que porán o ritmo no traxecto entre as adegas. E, como noutras edicións, tamén se anima “á xente que toque algún instrumento a que se sume á festa e o traia”, din dende a organización, en mans da Asociación As Covas de Seadur.

 

Artigos relacionados

Back to top button