EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O CRDO Valdeorras promoverá modificacións nas normas de explotadores, de adegas e no manual de calidade

Era unha das cuestións abordadas no último pleno deste organismo vitivinícola, no que se acordaba retormar os traballos para lograr a cerficación de calidade da ENAC
Sesión plenaria do 30 de novembro no CRDO Valdeorras.

No seu último pleno, celebrado na mañá do 30 de novembro, o Consello Regulador da D.O. Valdeorras autorizaba a renovación da sinatura dun convenio coa Universidade de Vigo para avanzar nos trámites de cara á obtención da acreditación ENAC, segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17065, en 2018.

“Esta acreditación é imprescindible para que os consumidores poidan ter garantías plenas de que detrás de cada botella de viño de Valdeorras que se comercializa existe un estrito control de calidade”, sinala o presidente do CRDO Valdeorras.

Co fin de actualizar os procedementos deste organismo que permitan avanzar nesta liña de traballo, o pleno acordaba, ademais, promover modificacións nas normas de explotadores, de adegas e no manual de calidade. Xunto a isto, autorizouse a contratación dun técnico a media xornada para axudar ao Órgano de Control en todo o traballo necesario para axustar os parámetros da D.O. aos requirimentos de ENAC.

Finalmente, o Pleno aprobou tamén hoxe a renovación dos membros do Comité de Garantías do Consello Regulador para que cada un dos colectivos que compoñen o organismo teñan representación: cooperativas, adegas e viticultores. A éstes sumáranse os representantes do Ingacal e do Instituto Galego de Consumo e unha persoa en nome do propio Consello Regulador.

Artigos relacionados

Back to top button