ConcellosEducaciónÚltima hora

Créase a I Rede Galega de FP de Hostalaría

8 centros forman parte do circuíto que era presentado no I Encontro de FP de Galicia, Castela e León e Portugal
I Encontro Internacinal de Formación Profesional de Galicia, Castela e León e Portugal. /Foto: Xoán Crespo.
I Encontro Internacinal de Formación Profesional de Galicia, Castela e León e Portugal. /Foto: Xoán Crespo.

A primeira Rede Galega de Formación Profesional de Hostalaría, é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que enmarca aos oito centros públicos da nosa Comunidade especializados nesta familia profesional (CIFPs Paseo das Pontes, Compostela, Carlos Oroza e Manuel Antonio; e aos IES Sanxillao, Fragas do Eume, de Foz e de Vilamarín) co fin de crear un espazo vivo e dinámico de intercambio de experiencias e de innovación. Entre os seus obxectivos están dar resposta ás demandas de formación e servizos das empresas do sector, a transferencia de coñecemento dos centros educativos ás empresas, o intercambio de experiencias profesionais e o impulso aos proxectos de innovación neste eido.

A presentación desta rede enmarcouse na celebración do I Encontro Internacional de FP de Galicia, Castela e León e Portugal que tiña lugar o 19 de novembro en Santiago de Compostela.

Ao longo da xornada desenvolvéronse diferentes actividades coas que se afondou en aspectos como o papel da Formación Prpofesional no desenvolvemento da hostalaría ou o fomento da empregabilidade no sector a través da FP Dual. Tamén se programaron diferentes obradoiros gastronómicos nos que participaron prestixiosos profesionais galegos. Así, ademais da presenza no encontro de Pepe Solla de Casa Solla, participaron no “show-cooking” Javier Olleros do restaurante Culler de pau, Beatriz Sotelo de A Estación, Manolo Costiña de O retiro da Costiña e Diego López de La Molinera. A cata comentada foi guiada por, entre outros profesionais, Óscar Quintana, campión galego “Nariz de Ouro”; mentres que nas demostracións de “latte art” participaron Damián Seijas e Victor Couto, campións baristas galegos. Os talleres pecháronse cunha masterclass de coctelería a cargo de Diego Mosquera.

No I Encontro Internacional de FP de Galicia, Castela e León e Portugal participaron, os centros galegos, a ESENGRA da Armada Española (Ferrol); centros de hostalaría de Valladolid, Segovia, Ávila, León, Salamanca, Zamora, Burgos e Palencia; Escolas de hotalaría e turismo de Lamego, de Viana do Castelo e de Coimbra e Centros de Formación Profesional de hostalaría de Porto e Chaves. A xornada contou asemade coa participación de importantes empresas galegas do sector, de representantes da Federación de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra e dos Consellos reguladores de denominación de orixe e de indicación xeográfica protexida.

Artigos relacionados

Back to top button