ConcellosO BoloÚltima hora

Créase unha comisión para o arranxo da ponte de Barxa (O Bolo)

Estado actual da ponte de Barxa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na noite do 20 de decembro de 2019 a crecida do río Xares ao seu paso pola localidade de Barxa (no concello de O Bolo) partía o piar central dunha das pontes desta aldea bolesa. A ponte segue en pé pero dada a profunda fenda quedaba cortada ao tráfico rodado.

Un ano e tres meses despois dese accidente, o arranxo da ponte está un paso máis cerca. Na mañá deste martes 9 de marzo celebrábase no Concello de O Bolo unha reunión convocada pola Deputación de Ourense na que se aprobaba a creación dunha comisión. “Todos os presentes estivemos dacordo en que hai que arranxar a ponte xa, antes de pedir responsabilidades porque senón isto vaise retrasar moito así que hai que solucionar o tema económico que é o principal”, asegura o alcalde de O Bolo Manuel Corzo, un dos membros da comisión na que tamén están representantes da Deputación e da Xunta, que era aprovada por unanimidade.

Na reunión celebrada esta mañá, ademais do rexedor de O Bolo tamén estaban o vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández, o alcalde da Rúa e deputado popular Álvaro Fernández, o tenente de alcalde do Barco e deputado socialista Aurentino Alonso, o deputado do BNG de Allariz Bernardo Varela, unha representante da Xunta e o secretario da Deputación. Faltaban os representantes da Confederación Hidrográfica e de Democracia Ourensana.

Artigos relacionados

Back to top button