Creatividade valdeorresa na mostra “Artsorey” en Cambados

Os barquenses Chere e Pepa Rodríguez, entre os colaboradores nesta iniciativa promovida por alumnos e profesores do IES Francisco Asorey

Ata o vindeiro 30 de xuño poderá visitarse en Cambados, na sala de ExpoSalnés, a exposición colectiva “Artesorey”, que nesta edición ten como lema “Singularfemme”. Reúne obras que van dende a fotografía e a pintura, ata a escultura ou a música. “A linguaxe artística fala hoxe de Muller e Igualdade”, aseguran dende o IES Francisco Asorey, impulsor da iniciativa.

Nese conxunto de obras figuran creacións do artista barquense Gerardo Rodríguez Ramos “Chere”. É o caso de cadros como “Momentos íntimos” (acrílico sobre televisión Sansumg 45 pulgadas) ou de esculturas como “Menina 3.0”, unha Menina “de tamaño real realizada coa nova vaixela de Sargadelos inspirada no Kamasutra”, en palabras do propio autor. Outras creacións de Chere nesta colectiva son “Cando se vai o amor” ou “Non é Non”, tamén en cerámica de Sargadelos e que representa un berro en contra da violencia de xénero. Trátase dunha muller perseguida por unha “Manda” de touros sen control.

 

“Menina 3.0”, unha das esculturas de Chere nesta mostra colectiva.

 

Outra das aportacións valdeorresas de “Artsorey” é a realizada pola fotógrafa barquense Pepa Rodríguez, con obras como “Silueta”. Esta exposición, promovida por alumnos e profesores do IES Francisco Asorey de Cambados, abríase ao público na tarde do 8 de xuño nun acto que contaba coa asistencia do concelleiro de Educación, Víctor Caamaño, do vicedirector do centro Domingo Tabuyo e da comisaria da mostra, María Gómez. Entre os numerosos asistentes estaba tamén Begoña Llácer, filla de María Victoria Moreno, escritora homenaxeada nas Letras Galegas.

Nesta galería de fotos poden verse diversos momentos da inauguración e as obras de autores valdeorreses.

Fotos cedidas por Gerardo Rodríguez Ramos.

 

Peza titulada “Non é Non”, do artista valdeorrés.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies