SanidadeÚltima hora

Cribado de Covid de libre acceso no Hospital de Valdeorras os días 22 e 24 de febreiro

Publicidade

 

 

A Consellería de Sanidade vén de informar de novas datas para cribados de Covid de libre acceso e gratuítos para a semana do 21 ao 25 de febreiro na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

No caso do Barco, o punto habilitado na Área de Rehabilitación do Hospital Público Valdeorras estará aberto o martes 22 e o xoves 24 de febreiro de 15:30 a 20:30 horas. Os mesmos días e o mesmo horario en que estará aberto o punto Covid Auto no Hospital Público de Verín.

Con respecto ao punto na cidade de Ourense, no Espazo Xove (rúa Celso Emilio Ferreiro) estará aberto o luns, o mércores e o venres  tamén de 15:30 a 20:30 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button