SanidadeÚltima hora

Cribado de Covid en Vilardevós o venres

Foto: Mónica G. Bellver.

 

O vindeiro venres 12 de marzo está previsto que se realice un cribado poboacional aleatorio selectivo de Covid-19, mediante probas PCR. As persoas citadas, un total de 700 de entre 18 e 74 anos, serán convocadas por SMS.

O cribado desenvolverase no patio cuberto do CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez entre as 15h. e a 17.00 horas do vindeiro venres, tal e como se informa dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco.

Tamén ás 00h. do venres este municipio de Vilardevós entrará en restrición de nivel máximo, como Boborás e A Mezquita. Ten unha incidencia acumulada de 390 casos por 100.000 habitantes a 7 días, segundo informa Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button